xoves, 5 de marzo de 2015

Salón do libro infantil e xuvenil de ponteevedra

DENDE O 27 DE FEBREIRO AO 28 DE MARZO.......

 SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Da ciencia á ficción

Na montaxe do Salón do Libro de Pontevedra estase a ter en conta que o ano  2015 é o ano da luz "polo tanto será empregada como elemento plástico para crear a ambientación e o tema do futuro materializarase tomando como base emblemáticas películas de cine como 2001. Odisea no espazoAlien, o octavo pasaxeiro ou Star Wars." en palabras das responsables da asociación socieducativa e cultural Paspallás

O espazo no que quedará convertido o Pazo da Cultura trasladará a grandes e pequenos ao interior dunha nave espacial, comezando por unha entrada na que se poderán ‘teletransportar' ata un laboratorio no que os nenos e nenas acharán a fórmula química de Orbil (a mascota do Salón), pasando por un futurista identificador de persoas.

Desde a páxina do Salón, podmeos acceder á bibliografía e ao programa.

Animádevos a velo!

luns, 10 de novembro de 2014

Volta do meu viaxe......

Bos días!!!!
Xa regresei!!!
Sabedes onde estiven de visita???


 Esta é unha gran cidade, algún a visitou?? Cal é?






 Para desplazarme na miña viaxe como fun? Andando, en coche, en tren, en avión?




Ademais, tamén fun nunha nave espacial....... a onde???






Espero as vosas contestacións?
Un saúdo,
Rosalía

venres, 3 de outubro de 2014

Comezamos......


Xa voltei das miñas longas vacacións.....
Este ano estamos a elaborar as mochilas viaxeiras para os nenos e nenas de primeiro e segundo ciclo.
Tamén ao longo deste curso vou facer turismo por distintos sitios que o mellor vos coñecedes. A ver se adiviñades os lugares que vou visitar???
Esperamos que vos gusten as novidades!!!

A comezar con forza este novo curso 2014 - 2015......

Un saúdo,
Rosalía

xoves, 26 de xuño de 2014

Un gran regalo

Por último, agradecerlle este gran cadro que nos fixo Montse para facer mais acolledora a nosa lagoa ;)



Moitas grazas 
Da miña parte, Rosalía, e de todo o CEIP A Lomba

Boas vacacións!!!!

Xa rematamos.....
Espero que teñades unhas boas vacacións como bos piratas que sodes....
Así estes dous compañeiros que tivemos na biblioteca estarán esperando o voso regreso!!!!
Cada grupo deille un nome distinto pero son moi orixinais todos!!!!!!
Pirata Pez, Pez 6 Ollos, Pirata Calaveira, Capitán Pirata, Capitán Pez, Pez Pirata......


Descansade moito!!!!
Un saúdo,
Rosalía

luns, 5 de maio de 2014

Non volo perdades!!!!

Chegou unha nova moi divertida!!!!! O 4º conto - encontro!!!
Cómo estiven agardando por ela ;) 
Será este xoves, 8 de maio as 18:30, na Biblioteca Infantil Municipal !


Vémonos alí!! 
Un saúdo, 
Rosalía


mércores, 2 de abril de 2014

A nosa celebración do Día do Autismo

Estas son a imaxes deste día especial na nosa lagoa......


Únome a encher o ceo de globos azuis.....


Os nosos pensamentos do día....

Algúns libros que nos falan de emocións, atención, habilidades sociais... e contos que ensinan cousas da vida diaria grazas ao uso dos pictogramas.....


Esperamos que fora un gran día ;)
Un saúdo, 
Rosalía

2 de abril Día Mundial do Autismo

Dende a nosa lagoa estamos a celebrar o Día Mundial do Autismo.
Xa que, é un gran día para algúns destes nenos e nenas que veñen pola lagoa a visitarme.

Día Mundial do Autismo

"El viaje de María"

Coñecendo o autismo


Un saúdo,
Rosalía